21/01/2025
1 de Febreiro en Curtis!
📣 𝐂𝐮𝐫𝐭𝐢𝐬 𝐚𝐜𝐨𝐥𝐥𝐞𝐫𝐚́ 𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐄𝐬𝐭𝐚𝐭𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐥𝐨𝐧𝐦𝐚́𝐧 𝐞𝐧 𝐂𝐚𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐑𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐏𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐮𝐫𝐭𝐢𝐬
✅O Pavillón Municipal de Curtis acollerá o 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 o Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas, un evento deportivo que promove a 𝐢𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨́𝐧 e a 𝐩𝐫𝐚́𝐜𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐚 para persoas con mobilidade reducida. Este campionato, organizado polo ICB Coruña, terá lugar a partir das 10:45 horas, e contará coa participación de tres equipos de nivel nacional: BM Parla, Inclusport CYL e ICB Coruña.
🧑🏻🦽A competición empezará ás 10:45 horas coa disputa entre BM Parla e Inclusport CYL, seguidos polos encontros Inclusport CYL contra ICB Coruña ás 12:00 horas , e finalmente, ICB Coruña contra BM Parla ás 13:15 horas. Os tres equipos loitarán pola vitoria nun torneo que non só celebra o deporte, senón tamén a 𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 de condicións.
👏 𝑈𝑛 𝑝𝑎𝑠𝑜 𝑚𝑎́𝑖𝑠 𝑝𝑜𝑙𝑎 𝑖𝑛𝑐𝑙𝑢𝑠𝑖𝑜́𝑛 𝑛𝑜 𝑑𝑒𝑝𝑜𝑟𝑡𝑒!