25/08/2026
🏠 CONSELLO INMOBILIARIO
Vas alugar unha vivenda? O contrato importa, e moito.
Á hora de alugar unha vivenda é frecuente recorrer a un modelo de contrato e pensar que basta con cubrir os datos das partes, indicar a renda e asinar.
Pero non todos os alugueiros son iguais.
Antes da sinatura convén deixar ben definidos aspectos como:
🔹 A duración do contrato e as súas prórrogas.
🔹 A renda, a forma de pagamento e a súa actualización.
🔹 A fianza e, se existen, outras garantías.
🔹 Os gastos que corresponden a cada parte.
🔹 A situación das subministracións.
🔹 O estado no que se entrega a vivenda e, cando proceda, o inventario de mobiliario e equipamento.
🔹 As condicións nas que deberá devolverse o inmoble ao finalizar o alugueiro.
Un contrato non debería servir unicamente para formalizar un alugueiro. Debe deixar claras desde o principio as condicións acordadas, os dereitos e as obrigas de cada parte.
📌 Porque dedicar tempo a facer as cousas ben ao comezo pode evitar dúbidas, desacordos e problemas no futuro.