26/09/2023
O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO INFORMA:
O COLECTIVO DO VENTO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE "ECONOMÍA DO RURAL E PARQUES EÓLICOS EN CAMPO LAMEIRO", O VENRES 6 DE OUTUBRO ÁS 19 HORAS NO AUDITORIO SOBRINO BUHIGAS
O Colectivo do Vento organiza para o vindeiro venres 6 de outubro ás 19 horas no Auditorio Sobrino Buhigas unha conferencia sobre "Economía do rural e parques eólicos en Campo Lameiro" impartido polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) e conta coa colaboración do Concello de Campo Lameiro.
Durante a charla abordaranse as consecuencias fiscais que ten asinar un contrato coas empresas eólicas así como outra serie de cuestións que serán tratadas por Xavier Simón, doutor en Economía da Universidade de Vigo.