03/11/2021
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=384905746755167&id=100057072355009
EN RIBADEO FOI ADXUDICADA A CONSTRUCCIONES LÓPEZ TELLA A MELLORA DA ESCOLA MUNICIPAL DE COVELAS. OS TRABALLOS FORON SUPERVISADOS POLO ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ, E POLOS CONCELLEIROS DE OBRAS E MEDIO RURAL, MÓNICA FREIRE E MARCOS VILLAMIL.
Ribadeo, 3 de novembro de 2021. O Concello adxudicou as obras de mellora da Escola Municipal de Covelas á empresa Construcciones López Tella. O investimento ascende a 46.600 euros. Os traballos, que xa deron comezo, foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.
O edil ribadense contou que “hai uns días que adxudicamos as obras de mellora da Escola municipal de Covelas. Fixemos para iso un procedemento aberto onde a mellor oferta foi a de Construcciones López Tella. Desde aquela estamos a traballar intensamente para cumprir este proxecto de 46.600 euros que contemplaba todas as suxestións feitas pola asociación de veciños no seu momento: cambio da carpintería de exteriores para mellorar o illamento térmico, sanear e recuperar as cornixas do edificio, dotación dun novo pavimento antiesvaradizo no perímetro exterior da Escola, melloras no apartado de electricidade e iluminación, pintura exterior e interior así como a dotación de mobiliario”.
Marcos Villamil engadiu: “esperemos que dentro de pouco tempo esta vella Escola luza como se fose unha nova para seguir planificando actuacións de índole educativa, cultural, de lecer, etc. para todos os veciños e veciñas da parroquia, e para ir logrando que a cidadanía se volva ver e volva recuperar o contacto que todos perdemos durante a pandemia”.